Coñecemos as gañadoras e gañadores do concurso DILI 2018, Andersen en Cómic

Vimos de coñecer os gañadores e gañadoras do concurso do DILI 2018.

As nenas e nenos participantes presentáronse polo seu centro docente ou biblioteca da súa localidade, en tres categorías PRIMEIROS LECTORES (1º, 2º e 3º de Primaria), LECTORES AVANZADOS (4º, 5º e 6º de Primaria) e SUPERLECTORES (1º e 2º de Secundaria).

A OEPLI outorga estes premios, dentro do concurso ANDERSEN EN CÓMIC, convocado a través das súas seccións (GÁLIX, Consejo General del Libro, ClijCat e Galtzagorri) co padroado do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, para conmemorar a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Bota un ollo aquí a todos os cómics gañadores / Máis información aquí

Os premios entregaranse o 14 de xuño, ás 11:00 h no CEIP A Xunqueira 1 de Pontevedra.

Velaquí os cómics gañadores en Galicia:

1ª Cat.: Primeiros Lectores (1º, 2º, 3º de Primaria)

Mara Freire Carracedo. CEIP Xunqueira 1. Pontevedra. Polo traballo: ” Os cisnes salvaxes “. (2º EP)

Traballo presentado pola ANPA do centro, ANPA Celso Emilio Ferreiro.

Descarga o cómic aquí

2ª Cat.: Lectores Avanzados (4º, 5º, 6º de Primaria)

Sandra Paola Lozano Justo. CEIP Xunqueira 1. Pontevedra. Polo traballo ” O reiseñor “. (4º EP).

Traballo presentado pola ANPA do centro, ANPA Celso Emilio Ferreiro.

Descarga o cómic aquí.

3ª Cat.: Superlectores (1º, 2º de Secundaria)

1 grupo de 1º ESO. IES Carlos Casares Vigo. Pontevedra. Polo traballo ” O reiseñor ” . (7 nenas e nenos) Grupo ” O reiseñor”. Autores/as do cómic, de 1º de ESO do IES Carlos Casares de Vigo: -Carlota Salgado García.-Noemí Collazo Rodríguez.-Lucía Domínguez Pérez.-Raisa Rodríguez Pérez.-Lucía Covelo Pereira.-Álex Pais Costas.-Pablo Fernández Abalde.

Descarga o cómic aquí.