O concurso de proyectos de animación a la lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes , ten como obxectivo incentivar a realización de proxectos de animación á lectura, especialmente entre nenos e xoves e proxectos de inclusión social realizados por bibliotecas públicas de concellos con menos de 50.000 habitantes.
PROXECTOS DE BIBLIOTECAS GALEGAS
Presentáronse proxectos 27 proxectos de bibliotecas galegas, dos que 14 recibiron subvención.
A Coruña:
- BPM Rego de Balsa
de Carballo co proxecto #Biblionízate con visitas guiadas,
contacontos, concertos, libros, recitais, obradoiros . - BPM Central
Rialeda de Oleiros, co proxecto Tod@s junt@s – Tod@s xunt@s - BPM de
Ortigueira, obradoiros, contacontos, conferencias, presentacións
de libros, concursos, liberación de libros, visitas guiadas,
biblioplaza co obxectivo de chegar a todos os segmentos da poboación.
Lugo:
- BPM de O Saviñao
gañou a subvención presentando a Programación da biblioteca municipal do Saviñao 2018. - BPM de Sober
presentou o proxecto Sober coa lectura 2018 - BPM
de Xermade, Pasen y lean: Atrévete con los libros
Ourense:
- BPM de Esgos,
con Letura e moito máis, un proxecto que inclúe todas as
actividades do ano: celebracións (día da muller, día das Letras
Galegas, día do libro…), obradoiros, contacontos. - BPM de
Pereiro de Aguiar, Leer es un buen plan 2018, enfocado
prioritariamente a rapaces , pero que tamén inclúe aos maiores,
fundamentalmente con respecto ás tecnoloxías. - BPM de Ribadavia,
cun proxecto sobre igualdade de xénero, La lectura para educar en igualdad de género - BPM de Verín
presentou un proxecto sobre voluntariado cultural, Voluntariado
Cultural para a animación á Lectura que empezou a súa andaina
no verán do 2009, manténdose no tempo, ata a data actual.
Pontevedra:
- BPM de O Grove, co proxecto Yo voy con mi biblioteca. Un largo
camino por recorrer. - BPM de Pazos de
Borbén, presentou o proxecto Mujeres, ciencia, patrimonio y
tradició - BPM de O Porriño
presentou A
túa biblioteca e + 2018, un proxecto con alfabetización
dixital, teatro, contacontos… - BPM de
Redondela, o seu proxecto conmemora o 50 aniversario das
Bibliotecas Municipais de Redondela.





