Xa está dispoñible o catálogo GÁLIX cada ano elaboramos cos títulos de literatura infantil e xuvenil publicados en Galicia no ano anterior que elaboramos recollendo as publicacións das editoriais galegas nos informan ao longo do ano anterior.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e GÁLIX coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer no exterior as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo.
Anxo M. Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, X.Antonio Perozo, Presidente de GÁLIX e Cristina Rubal, Subdirectora Xeral de Bibliotecas presentaron o martes pasado o novo catálogo, coa ilustración de cuberta de Antonio Seijas e coordinado por Mercedes Pacheco .
A obra vaise distribuír nas cinco feiras do libro do ano na que Galicia terá presenza. Está xa na Feira Internacional do Libro de Boloña que se está a celebrar na semana do 21 ao 24 de marzo, onde Galicia conta cun expositor propio para dar a coñecer a produción LIX do noso país e impulsar reunións comerciais con axentes do sector procedentes de todo o mundo.
O texto que agora compartimos pretende ser de utilidade para todas as persoas relacionadas coa LIX no campo da creación, a mediación e tamén da produción e difusión que nestes tempos ven dificultado o seu labor.
Podes descargar o documento nos espazos web de GÁLIX:
-
No
blog.
- No
taboleiro CATÁLOGOS,
do Pínterest.
- No
padlet, CATÁLOGOS,
GUÍAS E RECURSOS EN REDE
- Na
páxina de recursos, sección Catálogos, guías e recursos online,ao
final da páxina





