Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) con libros para iniciar o camiño, ás 21:00 na TVG2

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil ( GÁLIX ) con libros para iniciar o camiño hoxe ás 21:30 en A porta aberta , un programa dirixido por X. H. Rivadulla Corcón que ten como obxectivo dar a coñecer traballo das asociacións e entidades sociais galegas e trata de abarcar todos os sectores da sociedade en todo o territorio galego. Este venres, 9 de decembro de 2022 ás 21:00, emítese o programa dedicado á GÁLIX – Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, un colectivo formado por todas aquelas persoas implicadas na creación, publicación e mediación do libro destinado á infancia e á xuventude. A emisión de hoxe contará coa presencia de Xosé Antonio Perozo , presidente da asociaciónPilar Sampedro e Héctor Cajaraville e Fran Castro , director de Galaxia e expresidente de GÁLIX, como socio da entidade. Falarán do labor da asociación e dos proxectos que levan a cabo na defensa, promoción do libro infantil e xuvenil en galego.