Co obxectivo de estimular a produción de bos libros, especialmente destinados ao público xuvenil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil ( OEPLI ) e as seccións GÁLIX , Consejo General del Libro , ClijCat e Galtzagorri convocan a 60ª edición dos Premios Lazarillo
Modalidades 2019 :
Creación literaria 2019, modalidade xuvenil, para obras escritas en calquera das linguas do Estado Español, dirixidas a nenos e nenas a partir de 12 anos.
Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado.
Dotación económica : 6.000€ para cada modalidade.
Prazos de presentación :
Para Creación Literaria remata o 16 de decembro de 2019.
Para a modalidade Álbum Ilustrado o 31 de decembro de 2019.
Descarga as bases no blog de GÁLIX ou na web da OEPLI .






