Actividades de Espazo Lectura para a fin de semana

Espazo Lectura presenta as seguintes actividades para esta fin de semana:

Venres, 27 de novembro, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar Sesión de Contos en cueiros. Actividade de achegamento á lectura para bebés de 0 a 3 anos. Contos no colo. Ladaíñas, recitados e contos cantados . Contaranse contos cantados e achegaranse á tradición oral infantil con cancións e xogos para desfrutar cos bebés no colo. É necesaria inscrición previa. Sábado, 28 de novembro, ás 12:00hSesión do club de lectura compartida Lendo contigo. Para nenos e nenas de 7 a 11 anos e as súas familias. A sesión xirará arredor do libro Vic e Bombona , de Sara Barreiro, e contará coa presenza da autora. Sábado, 28 de novembro, de 20:00h a 00:00h, na Casa da Lectura (Nogueira, 8 – Donas ) Sesión do Comando Le, para rapaces e rapazas de ESO e Bacharelato. Nesta sesión farase un achegamento á realidade cotiá das persoas con discapacidade e ao labor dos profesionais e voluntarios que traballan nese ámbito e loitan cada día por superar dificultades e barreiras. Contarase coa presenza dun grupo de persoas que participan no proxecto DisCamiño , que une discapacidade e Camiño de Santiago, e coa presenza de Miriam Aller, de Entresignos, intérprete de lingua de signos que traballa con persoas xordas e xordo-cegas.