Pilar Sampedro
Diplomada e licenciada en Pedagoxía. Experiencia en educación Primaria e Secundaria, en educación no exterior e cargos directivos, así como en formación do profesorado. Remata a súa carreira docente na asesoría de bibliotecas escolares.
Bibliografía :
- Terras de Santiago
- Aproximación didáctica á obra de Avilés de Taramancos (con Xosé Agrelo Hermo)
- Cunqueiro (VVAA)
- Aproximación didáctica á obra de Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
- Roteiro literario Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
- Exposición Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
- Edición e prólogo de Tres capitáns de tempos idos de Avilés de Taramancos
- Avilés de Taramancos (con Blanca Ana Roig Rechou)
- Participación en A nosa literatura infantil e xuvenil, Anuario de literatura, Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria 2004…
- Coordinadora da Guía de literatura infantil e xuvenil 2005-2007 (con Montse Pena), Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2019 e Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2021
- Coautora do Caderno didáctico para a posta en escena de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas para o CDG (con Cristina Novoa e Magdalena de Rojas)
- Coautora da bibliografía para o Salón do Libro de Pontevedra Mulleres de conto, A revolución, Humor, Libros para salvar o planeta e Con moita arte.
- Coordinadora da Guía de libros para a igualdade Donas no espello da LIXG
- Na colección Biblioteca virtual de Galicia Digital ten publicadas: Cartas dende o confinamento, Do A ao Z con Concha Blanco e Os poemas que intercambiamos no confinamento.
- Cotraductora de Marta ante o espello de Teresa Calo.
- Coautora da antoloxía Tropel de marmolubios: antología de la narrativa juvenil gallega Coautora Antología de la narrativa infantil gallega (con Ánxela Gracián e Maite Leis)
- Autora das exposicións: 100 anos de literatura infantil galega e Literatura infantil e xuvenil galega para a paz.
- Publica en diferentes revistas como Anuario Barbantia, Fadamorgana, Eduga, Revista Galega de Educación, Raigame…
- Xestiona o blog: De libros e outros artefactos e No país das marabillas.
- Participa con artigos nas páxinas dixitais Café Barbantia e Galicia Digital.
- Xurado de diferentes premios: Lazarillo, Fina Casalderrey para a Igualdade, Raíña Lupa, Gala do Libro, Irmandade do Libro, Carlos Mosteiro, Follas Novas, Arume de poesía para a infancia, Xosé Neira Vilas de novela corta…
- Secretaria do Ateneo de Santiago. Vocal de Barbantia. Vicepresidente segunda de GALIX. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Educación. Padroa da Fundación Neira Vilas.
- Foi presidenta de GALIX e membro do consello de redacción de Fadamorgana.


