A aventura de ler, xornada arredor da animación lectora

Informámosvos da celebración dunha interesante xornada arredor da lectura e o fomento do hábito lector organizada por Xandobela dentro do proxecto Erasmus+ The Adventure of Reading.

O evento terá lugar o 15 de xuño na Galería Sargadelos de Compostela.

AXENDA DO EVENTOOBRADOIROS DE FORMACIÓN – Inscricións de balde para os obradoiros en info@xandobela.info12:00h. BRINCAR COAS LENDAS. NIVEL 1. Brincaremos cos contos, coas palabras, co noso corpo, coa nosa voz, con monicreques e tamén xogaremos cos obxectos a animalos, a espertar a metáfora que durme dentro deles, para que formen parte do espazo escénico e sirvan de reforzo á palabra sen quitarlle protagonismo. IMPARTE: Raquel Queizás (contadora, actriz e titiriteira).

16:30h. “CONTAR É CAER DA BURRA” Escoitar, conversar, colleitar, destilar, contar, convivir… Tradición oral e contar, un oficio que todos e todas temos. IMPARTE: Celso F. Sanmartín (contador de tradición oral e poeta).

FALANDO DE… – Entrada libre ata completar ocupación

18:30h. GUÍAS DE LECTURA PARA CALQUERA COMPOSTURA Presentación dos resultados do proxecto europeo Erasmus + ‘The adventure of reading’ con representantes das entidades parceiras ‘La Corte della Carta’ (Italia), Asociaçao para o desenvolvemento de Pitoes (Portugal) e Xandobela, Educación e Cultura (Galicia).

19:00h. FALADOIRO SOBRE A ANIMACIÓN Á LECTURA Comparten mesa e mantel: Celso F. Sanmartín (contador de tradición oral e poeta), Raquel Queizás (contadora, actriz e titiriteira), Fátima Villamel (mestra e contadora), Sole García (administrativa e nai).

Evento en Facebook / Web de Xandobela / Web do Proxecto