Creadores na Reserva

A publicación de GÁLIX, coordinada por María Canosa, é un libro ilustrado que combina os traballos de autores plásticos e literarios sobre o tema común do recoñecemento da UNESCO da Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A obra responde á idea inicial de poñer en relación a creación literaria e plástica, unindo 21 textos literarios e 21 ilustracións de creadoras e creadores galegos nos 42 traballos que recolle este volume que contou co apoio da Deputación da Coruña.