Deixamos atrás novembro e entramos no mes de nadal coas últimas novas e unha recopilación mensual de novas do blog, ademais dunha novidade na nosa web, xa que, grazas ao convenio de prácticas coa Universidade de Vigo, agora a maioría das páxinas estáticas de galix.gal poden consultarse en castelán, inglés e francés.
Feliz mes!
Novas:
- Ramón Nicolás fala enCaderno da Críticade Do re mi fantasía, de Concha Blanco, aquí. [Ficha do libro en Editorial Bolanda]
- Conferencias do Simposio “10 años de LIJ” – Noticias Gretel: Ao longo de10 anos, recoñecidos profesionais do ámbito da LIX grabaron conferencias para o máster; agora estas conferencias ofrécense en aberto para proveito de todos. Neste enlace podes acceder aos discursos de Teresa colomer, Brenda Bellorín, Álvaro Marchesi, Ana María Machado, Antonio Basanta, Clara Budnick, Daniel Goldin, Elisa Bonilla, Emilia Ferreiro, etc.
Máis de novembro no blog de GÁLIX:
- Novidades editoriais para a nosa biblioteca: recibimos obras de Kalandraka (I) e (II), de Galaxia, os gañadores dos Premios Xerais 2016 e Sushi Books. Preme nos enlaces para saber máis!
- Celebramos a xornada propia Desfacendo a raia, en Santiago, todo un éxito do que compañeiros e participantes compartiron impresións no twitter e facebook.
- Informamos de varios premios, como dos candidatos aos Andersen 2018 e os gañadores do Lazarillo, Nacional de Cómic, de AGADIC e os María Moliner a campañas de animación á lectura.
- E, por suposto, enviamos areseña de novembro para a sección Este libro encantoume!, da OEPLI: Poemas birollos para ler cos ollos, de Fran Alonso.





