Fina Casalderrey, Premio Rosa dos Ventos 2018

Fina Casalderrey foi galardoada co Premio Rosa dos Ventos 2018 , concedido anualmente polo alumnado de 5º curso de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.

“Fina tiña que ter a nosa Rosa dos Ventos”, expresan os mozos e mozas que resolveron o galardón, que valoran tamén a condición da académica como docente. “É ante todo mestra, e iso nótase cando un a escoita. Achega os conceptos dun xeito amable, sen estridencias, con agarimo…”, engaden sobre unha autora que puideron coñecer en persoa e que, “malia ser unha das figuras máis importantes da literatura infantil e xuvenil”, é unha persoa de “talante modesto, respectuoso, cariñoso, cercano e optimista”.

Con este permio preténdese homenaxear a un home, muller ou entidade que, sen formar parte da institución, acredite méritos destacables na defensa da identidade fundacional da institución educativa. Do mesmo xeito, simboliza a irmandade cos premiados e coas premiadas, para que continúen acompañando o labor pedagóxico na escola e difundan as actividades que realiza.

En edicións anteriores, o Premio Rosa dos Ventos recoñeceu tamén o labor de Víctor Freixanes, Manuel Rivas, Henrique Monteagudo, Carlos Núñez, Luís G. Tosar e Jorge Mira. + info:

http://santiagoapostol.edu.ar/gl/article/escritora-e-acad%C3%A9mica-fina-casalderrey-premio-rosa-dos-ventos-2018

http://www.espanaexterior.com/la-escritora-y-academica-fina-casalderrey-premio-rosa-dos-ventos-2018/

https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/id/1216120/pop_up?_101_INSTANCE_m2gF_viewMode=print