Estrea en Santiago da obra gañadora do premio Manuel María de literatura dramática infantil

Centro Dramático Galego en coprodución con Os Monicreques de Kukas porá en escena O carteiro de Ximaraos de Carlos Labraña, obra gañadora da edición número trece do premio Manuel María de literatura dramática infantil ,

convocado pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia .

A obra, que trata -xogando coa realidade e a fantasía- a situación das crianzas que conviven cunha persoa afectada de alzhéimer, estará no Salón Teatro de Santiago de Compostela os días 28, 29 2 30 de maio.