Biblioteca en Acción coas persoas #refuxiadas

En apoio de Acampa , a Biblioteca Municipal Durán Loriga de A Coruña está a realizar unha mostra bibliográfica que, co título Biblioteca en Acción. Refuxiadas, recomenda obras de ficción e divulgación sobre as persoas #refuxiadas.

Na mostra pódense atopar contos, documentais, ensaios, novelas, cómics, etc. para todas as edades. Esta mostra, que tamén está dispoñible para o préstamo, intenta divulgar e visibilizar a realidade que viven milleiros de persoas que fuxen da dor, do sufrimento, das inxustizas, etc. e buscan refuxio fóra da súa terra natal. A guía de lecturas recomendadas pódese ver nesta ligazón.