VI Congreso da AELG: Para que(n) escribimos o futuro?

Mañá ten lugar en Pontevedra o VI Congreso de Escritores/as da AELG , celebrado baixo o título Para que(n) escribimos o futuro?

Moitos socios e socias de GÁLIX, membros tamén da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, participarán mañá nas mesas de traballo deste VI Congreso de Escritores/as da AELG . Nelas, debatiremos sobre os camiños e posibilidades do traballo de escritores/as, editoriais e outros actores do nacemento dos nosos libros.

Un evento que promete ser unha fervenza de ideas, novas vías de actuación e recursos para todos e todas. Vai todo o noso apoio a estas iniciativas da AELG , coa esperanza de poder aportar o noso gran de area para seguir a apoiar a LIX galega.