Convocatoria do Premio Literario “Pinto e Maragota”

I Edición do Premio Literario “Pinto e Maragota” convocado polo Concello de Pontevedra

en colaboración con Edicións Xerais de Galicia co obxectivo de visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.

A obra presentada deberá ser orixinal e inédita, escrita en lingua galega conforme á normativa oficial.

No seu argumento, como temática principal ou transversal, debe estar presente a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual e/ou identidade de xénero.

Poden presentarse obras para público:

      • Infantil

          • Xuvenil

              • Adulto

              O xénero literario das obras presentadas poderá:

                  • Novela

                      • Teatro

                          • Poesía

                          Establécese un único premio de tres mil euros.

                          O prazo de presentación pecharase o xoves 23 de ABRIL do 2020.

                          Bases