A Xanela de GÁLIX. Pilar Sampedro

Pilar Sampedro

Diplomada e licenciada en Pedagoxía. Experiencia en educación Primaria e Secundaria, en educación no exterior e cargos directivos, así como en formación do profesorado. Remata a súa carreira docente na asesoría de bibliotecas escolares.

Bibliografía :

  • Terras de Santiago

  • Aproximación didáctica á obra de Avilés de Taramancos (con Xosé Agrelo Hermo)
  • Cunqueiro (VVAA)
  • Aproximación didáctica á obra de Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
  • Roteiro literario Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
  • Exposición Francisco Añón (con Santiago Romarís e Ramón Blanco)
  • Edición e prólogo de Tres capitáns de tempos idos de Avilés de Taramancos
  • Avilés de Taramancos (con Blanca Ana Roig Rechou)
  • Participación en A nosa literatura infantil e xuvenil, Anuario de literatura, Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria 2004
  • Coordinadora da Guía de literatura infantil e xuvenil 2005-2007 (con Montse Pena), Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2019 e Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2021
  • Coautora do Caderno didáctico para a posta en escena de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas para o CDG (con Cristina Novoa e Magdalena de Rojas)
  • Coautora da bibliografía para o Salón do Libro de Pontevedra Mulleres de conto, A revolución, Humor, Libros para salvar o planeta e Con moita arte.
  • Coordinadora da Guía de libros para a igualdade Donas no espello da LIXG
  • Na colección Biblioteca virtual de Galicia Digital ten publicadas: Cartas dende o confinamento, Do A ao Z con Concha Blanco e Os poemas que intercambiamos no confinamento.
  • Cotraductora de Marta ante o espello de Teresa Calo.
  • Coautora da antoloxía Tropel de marmolubios: antología de la narrativa juvenil gallega Coautora Antología de la narrativa infantil gallega (con Ánxela Gracián e Maite Leis)
  • Autora das exposicións: 100 anos de literatura infantil galega e Literatura infantil e xuvenil galega para a paz.
  • Publica en diferentes revistas como Anuario Barbantia, Fadamorgana, Eduga, Revista Galega de Educación, Raigame…
  • Participa con artigos nas páxinas dixitais Café Barbantia e Galicia Digital.
  • Xurado de diferentes premios: Lazarillo, Fina Casalderrey para a Igualdade, Raíña Lupa, Gala do Libro, Irmandade do Libro, Carlos Mosteiro, Follas Novas, Arume de poesía para a infancia, Xosé Neira Vilas de novela corta…
  • Secretaria do Ateneo de Santiago. Vocal de Barbantia. Vicepresidente segunda de GALIX. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Educación. Padroa da Fundación Neira Vilas.
  • Foi presidenta de GALIX e membro do consello de redacción de Fadamorgana.
ACCESO