FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Celebramos hoxe o Día Internacional do Libro Infantil , conmemorando a data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen

Con motivo desta celebración, en tempos de confinamento, multiplícanse as mensaxes na rede como este vídeo que nos remite a escritora, socia de GÁLIX, Fina Casalderrey .

Este vídeo é un dos que publica hoxe, a Secretaría Xeral de Política Lingüística , para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil 2020, e que poderedes atopar na súa canle co portelo #aculturasegueLIX 2020.

Pola súa parte GÁLIX convídavos, con ocasión deste día, a compartir connosco en Instagram o voso conto preferido de Andersen en galego.