Travesía unicornio , de María Canosa é o primeiro Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia .
A autora, comprometida de sempre coa lingua, conta cunha obra considerable no eido da narrativa e a poesía; como muller de formación científica que é, escribe tamén textos de divulgación, dos que tanta falta temos. Aínda que a maioría dos seus libros están dirixidos ao público infantil e xuvenil, colabora habitualmente na prensa escrita e ten publicada obra para adultos.
El próximo domingo 27 de marzo farase entrega do galardón nun acto que se celebrará na Fundación Xosé Neira Vilas , en Gres (Vila de Cruces), ás 17.30 horas.
O xurado destaca o valor literario da peza que se vai desenvolvendo cara o absurdo. Sinala tamén o tratamento de temas como a amizade, a condición de xénero, a identidade ou a diferenza.
A obra, como se estipulaba nas bases, será publicada por Edicións Embora .






