Esta actividade formativa, organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección da OEPLI
correspondente ao ámbito galego) con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte, conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega que nos cede o espazo de celebración e os medios técnicos de retransmisión.
O CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) certifica con
8 horas de formación a actividade, na que o profesorado pode inscribirse co código G2102130.
A formación en modalidade presencial realizarase no salón de actos do 2º andar do Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.
Tamén se pode seguir en directo pola canle YouTube de GÁLIX.
Convidamos a todas as persoas interesadas, profesionais da mediación e a creación no eido do libro infantil e xuvenil galego,
a participar nesta xornada na que reflexionaremos sobre o momento actual da poesía infantil e xuvenil, centrándonos especialmente nos logros, mais tamén nas carencias para poder entre todos e todas achegar alternativas que colaboren a mellorar a situación.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.