Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI: A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL GALEGA TRADUCIDA

Unha actividade formativa organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección da OEPLI
correspondente ao ámbito galego) en colaboración coa Universidade de Vigo e con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte.

O acto, que se celebrará o xoves 3 de xuño entre as 16:30 e as 20:00 e será retransmitido por streaming a través do Directo1 UVigoTV, centrarase na análise das estratexias de difusión do libro infantil e xuvenil galego fóra de Galicia.

O seu obxectivo é coñecer a situación, ver as súas carencias e estudar a maneira de compensar os déficits.

Convidamos profesionais do ámbito do libro infantil e xuvenil galego, tanto creadores, escritores/as e ilustradores/as, como mediadoras/es: tradutores/as, editores/as, bibliotecarios/as, profesorado, e tamén profesionais da crítica a participar nesta xornada na que reflexionaremos sobre o momento actual, centrándonos especialmente nos logros, mais tamén nas carencias para poder entre todos e todas achegar alternativas que colaboren a mellorar a situación.