O pasado luns 26 de novembro tivo lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación de do Deporte, en Pontevedra, a primeira parte das Xornadas Desfacendo a raia, organizadas por GÁLIX. Este ano o tema elixido foi "A LIX nos medios de comunicación".
Na mesma, poidemos gozar e aprender coas intervencións de Miguel Vázquez Freire, Tamara Andrés e Mario Regueira. A conversa estivo moderada por Ana Luna.
O vindeiro mércores 5 de decembro celebrarase a segunda parte no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación de Lugo. O acto será aberto a todo o público ata completar aforo.

Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.