Este xoves 19 de abril, co gallo do Día Mundial do Libro e a Lectura, a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza unha xornada de avaliación do desenvolvemento da Lei do Libro e da Lectura de Galicia, un texto que foi elaborado colectivamente no seu día e aprobado no Parlamento en 2006. A partir da análise dos datos empíricos e dos obxectivos que a Lei pretendía e permitía acadar, valoraranse tamén os contidos desta dende a perspectiva legal e administrativa, así como a súa vixencia, fortalezas e feblezas a partir dos puntos de vista achegados polos distintos axentes públicos e privados relacionados con este ámbito.
Toda a información aquí: A lei do libro 2006 a debate
A Lei do Libro 2006 a debate Xoves, 19 de abril de 2018. Coordina: Manuel Bragado, Dolores Vilavedra. Organiza: Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG). LUGAR: Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela
Programa:
Sesión de mañá
10:00 horas O proceso de elaboración da Lei do Libro 2006 Presenta: Manuel Bragado Cristina Novoa, Asesoría de Bibliotecas Escolares Xavier Senín, subdirector xeral de Cultura en 2006
11:00 horas Datos da edición en Galicia 2006-2016 Observatorio da Cultura Galega, CCG
11:30 horas. Pausa
12:00 horas Contidos da Lei do libro 2006 Presenta: Alba NogueiraCarlos Amoedo, Universidade da Coruña
Sesión de tarde
16:30 horas Lei do libro 2006, vixencia e perspectivas de reformaModera: Marcos Lorenzo
Xosé Ballesteros, AGE José Daniel Buján Núñez, xefe de servizo da Biblioteca de Galicia Susana Castro Barral, subdirectora xeral de Centros Mercedes Queixas, AELG Pilar Rodríguez, Federación de Librarías Dolores Tobío Barreira, xefa do Servizo do Libro e Publicacións
Debate final
INSCRICIÓN A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada. Para obter o diploma é preciso asistir ao 75 % das sesións.

Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.