Tamara Andrés, formada como tradutora e intérprete na Universidade de Vigo, realizou o Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura e prepara a súa tese de doutoramento sobre A tradución privada na poesía galega de autoria feminina a partir de 1980.
A nosa compañeira é tamén poeta, participa en proxectos teatrais e audiovisuais e imparte obradoiros de poesía e de animación lectora.
Solicitamos a súa colaboración como tradutora que traballa con diferentes editoriais e respondeu ao noso convite cun vídeo moi didáctico que nos axuda, ás persoas de todas as idades, a comprender o proceso polo que pasa o libro infantil e xuvenil galego traducido, tema ao que se dedicaron as Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI.
Este, e todos os vídeos que completan esta actividade formativa de GÁLIX, estarán dispoñibles na nosa canle de Youtube.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.