Dirixido preferentemente ás persoas que traballan na mediación lectora: docentes, bibliotecarias/os, animadoras/os socioculturais, etc. GÁLIX organiza este ano o I Seminario GáLIX: Ensinar desde a LIX, unha actividade eminentemente práctica para crear, compartir e difundir ferramentas que contribúan á creación de sinerxías e métodos de traballo co alumnado e os usuarios de ludotecas e bibliotecas.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en galix@galix.org, antes do martes, 4 de novembro de 2025, indicando Nome, Apelidos e NIF.
O Seminario desenvolverase nas aulas 2 e 10 da EGAP (Escola Galega de Administración Pública) os xoves 6, 13 e 20 de novembro en horario de cinco a oito (17:00 a 20:00) para facilitar a asistencia do profesorado e estará homologada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Esta actividade formativa está organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección da OEPLI correspondente ao ámbito galego) con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte.
Convidamos ás persoas interesadas e profesionais da mediación e a creación do libro infantil e xuvenil galego, a participar nestes obradoiros nos que pretendemos crear sinerxías entre os diferentes sectores da mediación para lograr un intercambio de ideas, experiencias e ferramentas que permitan enfocar a transmisión da literatura dun xeito eficaz e ameno.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.