Como parte das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia V. Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego, solicitamos a participación dalgunhas persoas de diferentes ámbitos dentro do sector do libro. Froito desta colaboración son os vídeos que iremos incorporando á nosa canle de YouTube.
Abraham Carreiro comparte a súa opinión neste primeiro vídeo.
Abraham Carreiro é un vigués formado en Barcelona onde cursou Artes Gráficas, logo especializouse en Ilustración e traballa, a día de hoxe, como debuxante, ilustrador, deseñador gráfico e escritor.
A súa dedicación á literatura infantil e xuvenil e o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas é patente en obras como:
Cómpre suliñar a experiencia crowdfunding Os estudios Tex. O mundo dos debuxos animados, un interesante proxecto editorial e didáctico para achegar o mundo dos debuxos animados ao lectorado máis novo.
O Papagaio, o xornal da xente miúda, é unha revista creada e dirixida por Abraham Carreiro na que colabora un magnífico equipo de creadoras e creadores, ten periodicidade mensual e abarca unha chea de temas de índole científica e cultural de xeito rigoroso e cunha linguaxe clara e divertida. Unha gran achega para as bibliotecas escolares e públicas, para as familias e, máis que nada, para a rapazada que precisaba de algo así, en galego.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.