Recibimos como doazón para a biblioteca de Gálix, enviado por IBBY o novo número da revista Bookbird.
Bookbird é unha revista de referencia no campo da literatura infantil publicado cuatrimestralmente pola IBBY (Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil) que pretende compartir novas ideas coa comunidade de lectores, abierta a cualquera temática no ámbito da literatura infantil internacional. Esta revista inclúe tamén novas dos eventos e proxectos de IBBY, informa sobre os estudos publicados e premios de literatura infantil a nivel internacional.
No número correspondente ao segundo trimestre de 2019 , con temas verdadeiramente provocadores, os autores que colaboran neste número presentan cadansúa cuestión para a reflexión sobre asuntos tan polémicos como o tratamento en Literatura Infantil e Xuvenil da mutilación xenital feminina na literatura infantil, a cultura da violación e a agresión contra mulleres e nenas; Kathy Short alerta sobre la responsabilidade dos creadores de libros, lectores e educadores.






