Vaia tropa de Antón Cortizas

Iniciamos hoxe a publicación da sección Rescate en audio, un novo proxecto no que as nosas socias e socios teñen a oportunidade de rescatar aqueles libros que dalgún xeito deixaron pouso e marcaron o camiño do que é a LIXG de ficción e non ficción actual.
Miguel A. Alonso Diz rescata neste primeiro episodio Vaia tropa de Antón Cortizas un libro de poesía do absurdo, pensado para ser lido de formas diversas: de fronte, de esguello ou no espello.

Como solicitábamos é unha obra con máis de tres anos, publicada no 2011 por Edicións Xerais de Galicia e que ten unha gran relevancia no acervo literario galego.