
Como parte da campaña de apoio á candidatura de Fina Casalderrey ao Premio ALMA (Astrid Lindgren Memorial Award) 2026 impulsada por GÁLIX, o noso socio Héctor Cajaraville rescata a obra A lagoa das nenas mudas, unha novela infantil, publicada por Xerais, na súa colección Sopa de libros, en 2007.
Este podcast está dispoñible no programa Rescate en audio de Ivoox e no programa Fina Casalderrey ao Premio ALMA 2026.
Héctor Cajaraville, licenciado en Xornalismo pola USC, traballou como xornalista durante varios anos e neste momento é profesor de Lingua e Literatura Galega no ensino secundario.
Como escritor ten publicado numerosas obras para o lectorado infantil e xuvenil.
E tamén biografías amenas e ben documentadas
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.