Esta Guía está pensada para favorecer o traballo do profesorado, de calquera nivel educativo, que teña pensado acudir co seu alumnado á representación de Tartufo. É ese profesorado quen deberá xulgar que partes, de cantas compoñen a Guía, pode ser útil entregar directamente ao alumnado e cales administrará e seleccionará previamente para motivalo e conseguir que gocen mellor do espectáculo. Con todo, observarase que nalgúns recadros se inclúen suxestións con actividades sinxelas dirixidas directamente ao alumnado. Recomendamos que estas se desenvolvan antes de acudir ao teatro agás aquelas nas que se especifica que deberán ser realizadas despois de ver a representación.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.