Libros infantís e xuvenís de Galicia (2014)

A publicación recolle os títulos de libros dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil publicados en Galicia no ano 2013 que reflicten a diversidade, a creatividade, a gran produción e a permanente renovación formal e estética do sector. A ilustración de portada deste ano é da autoría de Antonio Seijas Cruz. Editado por Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria