Co gallo da participación de España como invitada de honor na Feira do Libro de Frankfurt 2021 , Acción Cultural Española ( AC/E ) vén de crear un
programa de axudas para apoiar a tradución de obras literarias por parte de editoriais estranxeiras coa finalidade de favorecer a súa difusión e promoción a nivel internacional.
O prazo de solicitude remata o vindeiro 10 de decembro.
Tipos de axuda:
- Axudas á tradución de obras completas e apoio á ilustración e por outra,
- Axudas á tradución de fragmentos de obras para a elaboración de informes de promoción exterior.
Requisitos:
- As solicitudes deben estar dirixidas á tradución de obras publicadas por editoriais do estado, en soporte impreso e con distribución en librerías.
- Poden estar escritas calquera das linguas oficiais do Estado
- Os idiomas de tradución aceptados son:
- alemán
- inglés
- francés
- neerlandés
- italiano.
- A autoría debe ser de persoas con residencia legal no estado español.
- Modalidades textuais:
- Narrativa.
- Ensaio
- Poesía
- Dramaturxia
- Literatura infantil e xuvenil
- Álbum ilustrado
- Novela gráfica
- Cómic.


