Presentación de A Árbore da Escola en Moito Conto, A Coruña

Mañá, mércores 19 de outubro,Antonio Sandoval presentará a súa nova obra, A árbore da escola . Será na libraría Moito Conto da Coruña a partir das 19:00 horas.

Trátase dun álbum infantil, ilustrado polo Premio Nacional Emilio Urberuaga, que conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.

A presentación, dirixida a público infantil e familiar, contará coa colaboración do músico Paco Nogueiras.

Máis información do evento en Facebook aquí // Entrevista a Antonio Sandoval no programa ZigZag da TVG aquí

Recencións: Brabádegos / Trafegando Ronseis / Caderno da Crítica