O filme galego VALENTINA, gañador do Goya a mellor película de animación

David Pintor , autor e ilustrador de Literatura Infantil e Xuvenil e gañador de premios internacionais foi o artista escollido para ilustrar o filme Valentina, premio Goya á mellor película de animación.

Valentina , con guión, produción e dirección de Chelo Loureiro é unha película, feita en Galicia e en galego, que conta a historia dunha nena con síndrome de Down que soña con ser trapecista de circo.

Na súa aventura a protagonista viaxa por unha Galicia recoñecible, fermosamente retratada por Pintor .

A obra ten o obxectivo de visibilizar e dar normalidade ás persoas con diversidade funcional . Para documentarse a autora traballou con diversas asociacións e son nenas con síndrome de Down as que deron vida e voz á protagonista, tanto en galego como en castelán.