O Caderno A FONDO, de Sermos Galiza, adicado á promoción da lectura

O caderno de análise nº 124 A FONDO, de Sermos Galiza, estivo a semana pasada adicado á promoción da lectura.

Este caderno, coordinado polo escritor, editor e xestor cultural Francisco Castro , vai destinado a poñer en valor o hábito de ler, derrubando as fronteiras mentais coas que moitas veces se enfronta esta cuestión.

A promoción da lectura é un tema de grande importancia, se ben non adoita considerarse relevante nos medios. Por este motivo, Francisco Castro asumeu o reto de adicar estas páxinas a profundar no universo da lectura.

Descubre máis sobre o caderno neste enlace.

E lembra que podes conseguir a versión dixital do caderno aquí.