Migallas presenta na Coruña o libro-disco Canta connosco!

Este sábado, 19 de novembro, ás 18:30, na libraría Moito Conto de A Coruña, Kalandraka e Migallas Teatro presentan Canta connosco! .

Cúmprense 20 anos do traballo discográfico orixinal, todo un revulsivo na música infantil en galego, que agora Kalandraka vén de publicar unha edición especial en formato libro-CD-DVD, ilustrado polo Premio Nacional Óscar Villán e con vídeos dirixidos por José Miguel Sagüillo.

Máis información na web de Migallas , na web de Kalandraka e no seu evento de Facebook .