
XULLO 2024
Recomendamos Estrelas galegas da ciencia de Maite Vence , Manuel Vicente e Andrea Bures
Esta obra recolle a historia da ciencia en Galicia, a través das figuras dos investigadores e investigadoras que a posibilitaron no pasado, nese período de tempo que vai do século XVII ata o XX.
Dez historias sobre científicos e científicas galegas: José Rodríguez (o matemático internacional que participou na medida do metro), Isabel Zendal (os heroes tras a vacinación contra a variola), Domingo Fontán (o primeiro mapa de Galicia), Vicente Vázquez Queipo(o autor do best-seller que popularizou o cálculo), Antonio Casares (pioneiro da química ao servizo da sociedade), Ramón María Aller e Antonia Ferrín (a paixón pola astronomía), Isidro Parga Pondal e Guillermo Schulz (os primeiros estudosos da xeoloxía galega), Fernando Fraga (o descubridor do afloramento costeiro galego), Ángeles Alvariño (unha oceanógrafa de repercusión mundial) e María Wonenburger (a riseira "nai matemática" dos meirandes alxebristas). Catorce científicos/as.
No primeiro dos capítulos lévase a cabo unha breve introdución á historia da ciencia en Galicia e, nos seguintes, explícase a biografía de ditos persoeiros en relación cos seus achados. Todos os capítulos seguen a mesma estrutura: un breve contexto sobre o momento histórico no que se desenvolve a vida do protagonista, seguida dun texto que mestura os achados reais con pequenos diálogos “ficcionados”que cada protagonista mantén con compañeiros ou familia, co obxectivo de achegar de maneira amena explicacións científicas relativas ao traballo de cada un deles.
Pilar Sampedro
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.