Este libro encantoume (maio 2019)

MAIO 2019

Recomendamos A furgoneta brancadeFina Casalderrey

É sempre así. Cada mañá a mesma cantilena. Pedro agarda a chegada da furgoneta branca. Nela, un home trae, todos os días á mesma hora, un barreño con comida para cabalos novos.

É un momento marabilloso…o poldro da saltos aloucados trotando a un lado e a outro da veiga, logo come e recibe os coidados e carantoñas do home.

Ámbolos dous están contentos. É sempre así…mais onte e hoxe a furgoneta branca non apareceu pola curva da casa grande. Non vén dende hai dous días, xusto dende que a campá da igrexa pasou a tarde tanxendo lamentos… O poldro fica triste e só na leira do veciño.

Seica non sempre é así…

Unha historia sinxela e emotiva que nos fai gozar, aprender, reflexionar…que nos fala do amor ós animais e lévanos a cavilar sobre os costumes, os hábitos, a morte,… que continúa cun final aberto, cheo de esperanza, para que todos poidamos seguir construíndo a historia.

Un libro cunhas marabillosas ilustracións de Lucía Cobo que nos transportan a un paraíso de emocións e sentimentos.

Mª Fe Quesada