
DECEMBRO, 2018
Recomendamos Mael. Máis alá da Fraga de Cornanda, de Uxía Meirama e Miguelanxo Prado.
A sombra dunha traxedia vai empanar a alegría de Mael de ser quen, por fin, de participar como un adulto máis na colleita de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon os seus pais ás portas da morte, embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar. A novela de Uxía Meirama mergúllanos no mundo fantástico de Mael, unha personaxe singular rodeada de seres incribles, animais extraordinarios, bruxas, ogros e xigantes. Con el iniciarémonos nunha serie de novelas caracterizadas pola fantasía e a aventura, nas que se exaltan valores como a amizade, a lealdade e o amor pola natureza. Todo isto contado cunha prosa vibrante e rica, e ilustrado pola inimitable figura de Miguelanxo Prado, fan desta obra unha historia imprescindible especialmente recomendada para afoutados lectores e lectoras de 9 a 12 anos.
Reme Vázquez Meitín
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.