
ABRIL, 2017
Recomendamos: Os tres porquiños, na adaptación de Xosé Ballesteros
Nesta versión do clásico os personaxes están totalmente antropomorfizados e trasladados a un mundo moi semellante o noso, ilustrado fermosamente por Marco Somá. O detallismo das ilustracións permítenos ler e reler e seguir descubrindo en cada unha das páxinas multitude de aspectos que nos sacaran un sorriso. Esta minuciosidade comeza incluso antes que a propia historia, con unhas traballadas gardas que semellan as maletas dos porquiños. Nas ilustracións tamén podemos topar guiños meta-literarios como por exemplo que o conto que están a ler os protagonistas é a "Galiña roxa" (un álbum deste mesmo ilustrador). A súa estrutura reiterativa, tan común nos contos tradicionais, invita a que os nenos interactuen o contar a historia soprando e tamén repetindo as expresións, algunhas delas propias da tradición oral galega. No texto destaca tamén a importancia que se lle da as onomatopeas destacadas tipograficamente, propiciando a marcalas cando o álbum é narrado. Por todo isto este conto encantoume e semella unha acertada opción para gozar cos nenos da lectura.
Atenea Ruibal
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais,no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.