Lecturas refrescantes para o verán – 2026

Chega o verán e, con el, o tempo de abrir libros á sombra, na praia, no monte, na piscina, ao carón dun río ou nese recuncho tranquilo onde sempre apetece ler.

Dende GÁLIX, recollemos unha selección de lecturas recomendadas polas editoas socias e as editoras colaboradoras co Fondo GÁLIX, perfectas para acompañar a infancia e mocidade durante as vacacións.

Unha pequena escolla de títulos para descrubrir historias, viaxar sen moverse do sitio e manter viva a curiosidade lectora tamén nos meses de verán.

Poucas cousas prestan tanto coma un bo libro entre raios de sol, merendas e tardes longas!