Divinas Palabras Revolution, un caderno pedagóxico máis de GÁLIX para o CDG

Xa está dispoñible o último c aderno pedagóxico elaborado por GÁLIX para o CDG , para o estudo da obra Divinas Palabras Revolution, da man de Mª Jesús Madera Seoane e Mª Teresa Leis Rey (GÁLIX).

Descárgao aquí

Podes consultar todos os cadernos pedagóxicos elaborados por GÁLIX na nosa páxina de Recursos, no apartado de CATÁLOGOS, GUÍAS E RECURSOS ONLINE:

Cadernos pedagóxicos elaborados por GÁLIX para o Centro Dramático Galego [ Tartufo ] [ Martes de Carnaval ] [ Días sen gloria ] [ O profesional ] [ Divinas Palabras Revolution ]

O Centro Dramático Galego ten a vontade de abrirse ao sistema educativo. Así, ademais de continuar na liña do apoio ao teatro infantil e familiar, mantén un programa de visitas guiadas para escolares ao Salón Teatro. Estas poden complementarse cos planos do recinto especialmente destinados ao público infantil e xunenil, que poden descargarse nesta páxina .Doutra banda, o CDG edita programas de apoio pedagóxico. Estes manuais, destinados aos docentes, complementan a programación de funcións abertas aos centros educativos. No apartado de publicacións podes obter información sobre os manuais editados en papel. Ademais tes a opción de descargar dende aquí os últimos dosieres publicados en formato dixital.

Entradas relacionadas