Este ano, por primeira vez, celebramos Día de Rosalía o 23 de febreiro, data real de nacemento da autora.
Aínda que A Fundación Rosalía de Castro centralizan boa parte dos actos institucionais, a efeméride celebrase en todos os concellos de Galicia e moitos no exterior.
A AELG celebrou acto central o sábado 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, Santiago de Compostela coa lectura do manifesto, redactado este ano pola escritora Beatriz Maceda Abeleira
Compartimos tamén a homenaxe de Pilar Sampedro a través do seu programa Libros para as medras en Radio Ateneo.
CONCURSO
O proxecto global ES TI QUE CANTAS , de Rebordelos, convoca a participar no concurso #ESTIQUECANTAS , en Instagram e Tik Tok, cun vídeo que interprete a obra en galego de Rosalía de Castro. Adxudicaranse tres premios:
· Premio LIEDERS: a unha peza inspirada na ollada reivindicativa, feminista e inconformista de Rosalía de Castro.
· Premio FIESTRAS: a unha peza que destaque pola súa proposta formal empregando recursos audiovisuais e/ou das redes sociais. · Premio CANTARES: a unha peza inspirada no patrimonio paisaxístico e inmaterial de Galicia, nas nosas raíces e na nosa lingua.
Consultade as bases AQUÍ :



