¡Turra, turra, Xan, pola burra! Mira que Pedro a cadela che apurra ¡Ai, desdichada de min que a vexo fincarche o colmillo no tistre pelexo! ¡Diancre de Xan, que non corre nin toa! Ben haia, amén, quen os ósos che roa. ¡Churras!, ¡churras! ¡Churriñas!, ¡churras! Cas-qui-tó, que escorrénta-las burras.
Como cada ano, celebraremos este 24 de febreiro o Día de Rosalía .
Aínda que Santiago de Compostela e Padrón centralizarán boa parte dos actos institucionais, a efeméride celebrarase en todos os concellos de Galicia e moitos no exterior.
A AELG
propón unha chea de actividades para os centros educativos na semana vindeira á que porá remate, no Panteón de Galegos Ilustres, a lectura, por parte do autor Daniel Asorey , do m anifestoErrantes polo mundo .
Para celebrar este día as bibliotecaspúblicas , bibliotecasescolares , librerías , concellos e outras institucións teñen previstas moitas e moi diversas actividades.


