Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil en Ourense

Durante o mes de outubro e ata o 9 de novembro, a Facultade de Ciencias da Educación de Ourense acollerá o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil “Música e poesía dende a primeira infancia” , unha actividade realizada coa colaboración da AELG .

Velaquí a súa programación. Máis información neste enlace.

  • 5 outubro | Montse Rivera | A tradición oral nas aulas
Recollida da transmisión oral e versión musical.
  • 11 outubro | Antonio García Teijeiro | A poesía e a música nas aulas: unha necesidade e un reto
Creación poética de autor: a importancia da poesía nas aulas.
  • 19 outubro | Uxía Domínguez Senlle | A música, universo suxestivo para a infancia

A música e os proxectos poético-musicais para a infancia.

  • 26 outubro | Elvira Riveiro Tobío | A poesía que queremos
A experimentación poética para a infancia e adolescencia.
  • 2 novembro | Fran Alonso | Poesía, a música da vida
A experimentación poético-musical ao redor da lírica.
  • 9 novembro | Susa Herrera | Músicas agochadas
Música e poesía para a infancia, a súa importancia para futuros docentes de infantil e primaria.