Na rede
Unha nova e prezada adición á nosa biblioteca é este libro tan especial. Non se trata neste caso dun libro infantil ou xuvenil, senón dunha autobiografía: a de Jella Lepman, creadora da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic, fundadora de IBBY e promotora do premio Hans Christian Andersen.
Engadímolo ás nosas novidades por tratarse dun referente e libro moi especial para nós.
Este libro editouse en alemán en 1964 e en 1969 en inglés, pero esta é a súa primeira edición en español. A conferencia de Ortega y Gasset que o acompaña tampouco se publicara ata o de agora.
Prólogo de Wally De Doncker, presidente de IBBY.
Epílogo de Christiane Raabe, directora da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnich.
Inclúe: "La paradoja de la pedagogía y el ideal de una educación creadora de mitos" de José Ortega y Gasset. (Conferencia sobre literatura e educación, leída en Múnic, 1951).
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.