­A guerra dos botóns

Texto de: Louis Pergaud (1882-1915)
Tradución de: Xoán Manuel Garrido Vilariño e Mercedes Isabel Martínez Rodríguez
Colección ou serie: Fóra de xogo

Na rede

Caderno da Crítica de Ramón Nicolás: https://cadernodacritica.wordpress.com/2019/04/16/novidade-140-a-guerra-dos-botons-de-louis-pergaud/

Publicada orixinalmente en 1912, esta obra é un clásico que fala da infancia, da amizade, do compañeirismo, da lealdade, da inocencia, da crueldade e da ideoloxía. O título do libro procede do botín de guerra: os botóns extraídos das roupas dos «inimigos» como símbolo de humillación. A guerra dos botóns describe un mundo desaparecido e lanza unha interpretación irónica e pacifista sobre os conflitos bélicos.

Levada ao cine no ano 2000. Ficha didáctica da película "La guerra de los botones" pola Asociación de Prensa Juvenil. Centro de Comunicación e Pedagoxía : http://www.centrocp.com/la-guerra-de-los-botones/

Publicada en BIVIR (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego) en edición electrónica en 2010 por ATG (Asociación de Tradutores Galegos)