
Cal foi o motivo que te levou a asociarte a GÁLIX e apoiar este proxecto?
A festa dos libros de Pontevedra. Escoitar ás compañeiras de Gálix foi unha revelación.
Que ou quen che axudou a achegarte á LIX galega?
A miña formación como educadora infantil e, despois, o meu traballo como auxiliar de biblioteca especializada en LIX, que durou 5 anos pero foi marabilloso. Aí empecei a traballar tamén, de xeito profesional, como narradora oral.
Que libro marcou a túa infancia e a túa mocidade?
Paulina, de Ana María Matute. Tamén A historia interminable, de Michael Ende.
Dinos un libro de literatura infantil ou xuvenil que consideres imprescindible
Valados, de Agustín Fernández Paz.
Con que personaxe da nosa LIX te sentes máis identificada/o?
Con Lea, a protagonista de Patio de luces, de Érica Esmorís.
A que ilustradora ou ilustrador galego escollerías para poñer imaxes aos teus soños?
Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego
Fortaleza: moita xente moi válida traballando en todos os ámbitos da LIX (autoras, ilustradoras, editoriais, libreiras... e a propia Gálix, con aires renovados). Debilidades todas as que, por desgraza, ten a cultura sempre: poucos apoios, falta de cartos...
Dende que te vinculaches á LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución?
Non podo opinar, porque o vínculo é bastante recente.
Cal consideras que é o grado de coñecemento e respecto pola LIX galega?
Estou ao día pola miña profesión de narradora oral e profesora de teatro.
Apunta un par de iniciativas necesarias para promover a lectura de libros infantís e xuvenís galegos e para conseguir unha maior proxección fóra de Galicia
Campañas escolares e un festival que mesture autoras/es e editorias de fóra con galegos/as, nunha sorte de retroalimentación e convivio.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.