Xosé Cobas, socio nº 87 de GÁLIX, naceu en Logrosa (Negreira).
Interesouse dende novo pola expresión plástica e aos 24 anos tivo unha primeira exposición na cidade de A Coruña.
Aínda que traballou, en arredor dunha centea de libros, con diversas editoriais e con grandes autoras e autores, compre salientar a súa colaboración intensa e extensa con Xabier P. Docampo con quen publicou non menos de 15 obras e con que tamén participou na revista de banda deseñada Golfiño. Como el, Xosé Cobas é unha persoa comprometida coa lingua e a cultura galegas.
Revistas especializadas de prestixio como ‘CLIJ’, ‘Peonza’ ou
‘Fadamorgana’ dedicáronlle artigos monográficos.
Dende 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.
Recibiu numeroso premios e recoñecementos como o premio F.E.T.E.N. 2002 ao mellor libro de teatro xuvenil ilustrado en España, o premio Lecturas 2003 e o premio Gourmand World Cookbook Awards 2004 ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica. No ano 2021 o ilustrador foi homenaxeado polo Salón Internacional do Libro Infantil de Pontevedra.
Participou en exposicións nacionais e internacionais, entre outras:
Galicia Solidariedade, organizada por GALIX coa colaboración da Xunta de Galicia
As cores do vento, Xunta de Galicia.
Tercer Centenario de Caperucita Roja, organizada pola OEPLI
El ratoncito Pérez, tamén da OEPLI
Salón do Cómic da Coruña
Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (2001, 2002, 2003 e 2004),
‘Bienal Internacional de Bratislava’ (2003), invitado polo Ministerio de Cultura español
Exposición de ilustración infantil española contemporánea, en Bolzano’, Roma, Nápoles e Cagliari (Anos 2004/05).
ALGUNHAS OBRAS PUBLICADAS
A nena de auga e o príncipe de lume.
Xabier P. Docampo. Xerais, 1989 e 1992. Col. Merlín.
O país durminte.
Xabier P. Docampo. Xerais, 1992.
Fantasía en re maior.
Antonio Teijeiro. Edelvives, 1994.
Adelaida, Henrique e demais familia.
Xabier Docampo. Galaxia, 1996.
O pazo baleiro.
Xabier P. Docampo. Anaya, 1997.
O home que inventou unha maneira de andar.
Xabier P. Docampo. Galaxia, 1998.
La posada del séptimo día.
Juan Farias. Everest, 1998.
Caderno de fume.
Antonio García Teijeiro. Anaya, 1999.
Andrea quere ser maior.
Pepe Carballude. Everest, 1999.
Ismael que fue marinero.
Juan Farias.Everest, 1999.
Teatro ás tres pancadas.
Antonio Torrado. Xerais, 1999.
Nube de neve.
Xabier P. Docampo. Everest, 2000.
Unha pantasma branca.
Fina Casalderrey. Everest, 2000.
Un circo de nubes.
Xoán Babarro. Everest, 2000.
Víchela, víchela?.
Xabier P. Docampo. Magisterio-Casals, 2001.
Amar e outros verbos.
Ana María Fernández. Everest, 2001
A merla de trapo.
Antón Cortizas. Xerais, 2001
Un conto de tres noites.
Xabier P. Docampo. Xerais, 2002.
Os peixes de cores.
Antonio García Teijeiro. Xerais, 2002.
Onde van as bolboretas no inverno?.
Gloria Sánchez. Everest, 2002.
A casa da luz.
Xabier P. Docampo. Anaya, 2002.
Paseniño, paseniño.
Antonio García Teijeiro. Everest, 2003.
O galo avisado e o raposo trampulleiro.
Antonio Reigosa. Xerais, 2003.
Bolboretas. Xabier P. Docampo. Everest, 2004.
O país de amarnos.
Ana María Fernández. Everest, 2004.
Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales.
AA.VV. Xunta de Galicia, 2004.
Don Quijote de la Mancha, Everest, 2005.
A bruxiña da sorte.
Concha Blanco. Alfaguara-Obradoiro, 2005.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.
Funcional
Always active
O almacenamento técnico ou acceso é estrictamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo subscritor ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación por unha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.O almacenamento técnico ou acceso que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación xudicial, consentimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de Internet, ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada só para este propósito xeralmente non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O almacenamento técnico ou acceso é necesario para crear perfís de usuario co fin de enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de marketing similares.