A Xanela de GÁLIX. Xan López Domínguez

XAN LÓPEZ DOMÍNGUEZ

é ilustrador, escritor e deseñador.

Naceu en Lugo ao final do ano 1957 e estudou Historia da Arte en Santiago de Compostela.

Iniciou a súa carreira como ilustrador coa súa participación na revista Xofre . Colaborou tamén en Can sen dono , Cine e historieta galega , A banda do 17 , BD Banda e Golfiño .

Fixéronse exposicións da súa obra en Barcelona, Boloña, Londres, Madrid, Munich, Roma e Tokio.

É un dos ilustradores con maior proxección internacional con máis de trescentos libros publicados en editoriais de dezaséis países. Con outros ilustradores coeditou unha obra gráfica para UNICEF. Recibiu numerosos e importantes galardóns polo seu labor:

Lista de Honra do IBBY en 1992 con Voces na Lagoa do Espantallo .

Ilustrador do ano 1994 na Feira de Boloña ,

Placa da Bienal de Bratislava (1991),

Premio Malba Tahon da Federação Brasileira do Livro Infantil e Juvenil (IBBY) (1994),

Lista de White Ravens da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich.

Seleccionado oficialmente pola sección española de IBBY como candidato ao Premio Astrid Lindgren 2008 e ao Premio Andersen 2010.

Como escritor as súas obras foron traducidas a trece idiomas. O seu libro Voces na Lagoa do Espantallo, publicado por Galaxia , foi considerado entre os cen mellores libros do século XX pola Fundación Germán Sánchez Rupérez .

ACCESO