
María Pilar Campo Domínguez, Marica Campo naceu en 1948 en Val do Mao, no Incio, Lugo.
Quixo ser misioneira e, aos quince anos, ingresou nunha orde relixiosa e estudou teoloxía.
Obtivo o título de maxisterio e traballou, primeiro como mestra e, máis adiante, como especialista de lingua galega en varias escolas e institutos.
Do seu labor como escritora, chama a atención a súa obra como letrista de cancións.
Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.
No ano 2013 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como elixiuna como A Escritora na súa Terra cunha homenaxe no Val de Mao, onde se erixiu un monólito na súa honra no campo da festa que leva o nome de Souto Marica Campo. No mesmo ano o concello de Lugo entregoulle o premio Entre mulleres .
A plataforma literaria A Sega , escolleuna no ano 2018 como protagonista da V edición do Día das Galegas nas Letras.
Ademais de ser unha mestra comprometida coa lingua, Marica é tradutora e unha escritora que abrangue todos os xéneros: divulgación, ensaio, narrativa, teatro e poesía.
No eido da Literatura Infantil e Xuvenil destacamos:
E as traducións de:
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.